jueves, 20 de diciembre de 2012

O INVERNO


Chegou o inverno, tamén ao noso colexio, que hoxe amaneceu xiado. 

Dicimos adeus ao outono, as follas da nosa árbore caeron a aproveitámolas para facer un mural. Á árbore tamén lle afectou o inverno, e agora esta toda cuberta de neve, agardando a chegada da primavera............

Que fríooooooooooo!!!!!!!!!!!!







FELICES FESTAS!

Acabamos este primeiro trimestre a este ano no que aprendemos moito cunha festa no colexio de Carantoña cos nosos amigos , e tamén cos nenos e nenas de Carnés e de Xaviña.
Tamén vainos visitar Papa Noel e, como fomos todos moi bos, pois escribismolle unha carta cos regalos que lle pedimos e que tanto merecemos.







Aqui estamos xa todos xuntos na escola de Carantoña
Como sorpresa especial.......recibimos a visita de Pispireta!!!! que nos veu a contar moitos contos do Nadal. Foron moi divertidos, moitas grazas Pispireta.




Logo, despois de merendar, tamén tivemos tempo para facer un obradoiro de chapas do Nadal


E, por fin.................... a chegada de Papa Noel!!!!!!!!!




E eso foi todo, de momento, agardando ao comezo do ano para máis cousas.

Boas festas!!!!









miércoles, 12 de diciembre de 2012

CARMEN NEIRA MARCOS


 Recentemente, vense de inaugurar un monolito en honor a unha antiga mestra da localidade: CARMEN NEIRA MARCOS, que foi situado na plaza na que se encontra o noso colexio de Castromil.
Como parte da homenaxe que se lle fai, queremos desde este blog unirnos publicando información sobre a súa vida para contribuir a que o seu recordo perdure.


"Un buen maestro jamás se olvida, y Carmen Neira Marcos (1908-1986) lo fue. Esta mujer se entregó en cuerpo y alma a la enseñanza, una actividad que desarrolló durante 32 años en Salto (Vimianzo). Dejó una huella tan profunda en sus numerosos alumnos que la plaza de una de las dos iglesias de la localidad lleva su nombre a petición vecinal, al igual que la asociación cultural que en la última década dinamiza la vida social en la parroquia. En el 2011 se cumplió el 25 aniversario de fallecimiento.  Recientemente se terminó la construcción de un monolito situado en la plaza de Castromil, junto a su colegio
Entre 1946 y 1978, y pesar de su precario estado de salud, Carmen Neira nunca dejó de educar a sus escolares. En horario de clase y a continuación. Organizó enseñanzas de alfabetización para adultos. Daba clase por la mañana, por la tarde y por la noche. Preparaba a los jóvenes para estudios superiores y adiestraba a todos aquellos que lo quisiesen en cuestiones relativas al comportamiento social. En la aldea todavía se conservan recetas de cocina suyas y muchos hombres hoy jubilados aprendieron a medir parcelas cuando ya tenían hijos que también eran escolares de Neria Marcos. Su tarea siempre excedía las obligaciones laborales. Llegó a dar clase en su vivienda porque no podía moverse. Muy pocos exalumnos pueden olvidar su talante y su dedicación, y sus canciones y sus teatrillos permanecen en la memoria de muchos lugareños."

Fuente:  X. A. Carbalo / La Voz
 Más información:




A Vida de Dona Carme Neira Marcos

Dona Carmen Neira Marcos naciu na cidade da Coruña o 29/10/1908, na rúa Príncipe, nº 6. Era filla de Don Antonio Neira Mourín e Dna. Carmen Marcos Pérez. Faleceu no clínico da Rosaleda de Santiago de Compostela o 02/05/1986. Está soterrada no cemiterio parroquial de Santa María de Salto (municipio de Vimianzo).
Foi mestra de profesión, e exerciu cunha grandísima entrega e dedicación. Despois de ocupar prazas en varios lugares (como interina en Cesura e a Coruña, con praza en propiedade en Mañón e Laracha), empezou en Castromil a primeiros de outubro do 1946 e ensinou a varias xeracións, tanto de nenos como de adultos, ata que se xubilou a finais de outubro de 1978. Levou a cabo unha importante labor de alfabetización a persoas maiores.
No ano 1968 concedéuselle a Cruz de Alfonso X “O Sabio”. Esta distinción concédese ás persoas físicas e xurídicas destacadas no campo da educación.
Nos seus primeiros tempos impartía clases a veciños e veciñas dos lugares de Castromil, Careixo, Reparada, Señorans, Torelo, A Costa e A Lagoa. Según ela mesma dicía, chegou a ter 90 alumnos por día, distribuídos en turnos (mañán, tarde e noite). Máis tarde, cando se construíu a escola das nenas xunto á Igrexa de Castromil, tan só tiña por alumnas ás nenas. Don Manuel López, impartía clases ós nenos na antiga escola que había no medio de Castromil. Nos recreos tanto o mestre coma os nenos achegábanse ata o campo e mentras os pequenos xogaban ó fútbol, os docentes conversaban. Cando había nenos difíciles, viñan para xunto de Dna. Carme unha temporada.
A característica da súa forma de ser e ensinar era a universalidade do saber, a claridade de conceptos e a busca da perfección. De feito, o seu alumnado, tanto homes coma mulleres, son recoñecidos pola boa caligrafía e o bo comportamento.
Pero ela non se preocupaba só de que os seus pupilos soubesen escribir ben ou resolver un problema matemático con éxito. As súas eran ensinanzas para a vida. Preocupábase dos bos modais, do saber estar, do saber vestir e andar, do falar, da cultura xeral das xentes de Salto. Cremos que iso deixou unha fonda pegada nas xentes que tiveron a sorte de tela por mestra, e que todo o progreso desta parroquia ten moito que ver coa CULTURA dos seus habitantes. Cando imos de excursión os da Asociación Neira Marcos felicítannos polo saber estar da nosa veciñanza.
Dna. Carme ensinaba a bordar, a ganchillar, a calcetar,… E tamén se ganou o seu recoñecemento como directora de teatro. Estrenábanse as obras o día das “Hijas de María” en Salto. Os pequeniños actores daban o mellor de sí, e o público vívía as historias que representaban no pequeno escenario que se montaba no atrio da igrexa. Aínda lembran os versos que recitaban, os movementos, as posturas, o arranxo dos centros de flores que transportaban e as instruccións de voz alta e clara cara ao público para que todos os oíran ben. Por iso se consideran, as xentes de Salto, competentes para a crítica con fundamento en materia de teatro. E, se cadra, isto ten algo que ver co éxito do grupo de teatro que existe actualmente (Teté Teatro), baixo o amparo das escolas culturais do Concello de Vimianzo.
Preocupábase da saúde da xente que tiña arredor. Ela era a que descubría a falta de gafas, ou unha dislexia, ou un catarro demasiado longo, …. Avisaba ós pais con seriedade e facíanlle moito caso. Era tremendamente responsable.

Viva tamén na morte

Cando morreu Franco e deu os seus primeiros pasos a democracia explicou ós seus alumnos a importancia deste cambio. Xa impartía as clases na súa vivenda, na planta alta da escola. As súas perniñas fallábanlle. Tiña unhas chagas que non se curaban nunca, azuzadas pola diabete. Os alumnos collían a súa silla no descanso das escaleiras. Cada un sabía onde se tiña que colocar. Todos arredor dela, que se sentaba nunha silla de mimbre, cunha mesa redonda diante. Aquel día, os pequenos pararon e escoitaron, quizais por primeira vez, falar de política, política con letras maiúsculas. Dna. Carme falaba en castelán sempre. La democracia es una forma de gobernar los pueblos, dixo, máis ou menos. La palabra procede de las voces griegas demos, que significa pueblo, y kratos que significa poder. Es pues, el poder del pueblo. Todos moi atentos, e despois contaron o que oíran nas súas casas, explicando ás súas familias os novos tempos que viñan.
Moitos dos que tiveron que coller a maleta e ir polo mundo adiante, louban todo o que aprenderon con ela e a utilidade dos seus coñecementos á hora de “conquistar” o mundo. Recoñecen que o seu camiño sería moi diferente se non estivesen tan ben instruídos.
Moitas persoas gardan as súas “recetas” para non ter faltas, os seus esquemas para a análise de oracións, ou resolución de sistemas de ecuacións, lembran os recorridos dos ríos cantando, as letras dos villancicos que se aprendían polo Nadal, en fin, ese saber que é inmaterial pero que forma parte de nós.

Fonte:  Nota de prensa da Asociación Neira Marcos.

 Tamén ten un blog que se pode visitar:
http://carmenneiramarcos.blogspot.com.es/