Agora vaise a outro colexio, o de Vimianzo e o ano que ven iremos a visitalo.
Moitas felicidades, que o pases moi ben, nos vindeiros anos volveremos a reunirnos contigo nese novo colexio.
"A educación é a arma máis poderosa que podemos usar para cambiar o mundo" Nelson Mandela
Unha vez cuberta a solicitude deberá presentarse, xunto coa documentación segundo se indica no artigo 3 da orde de convocatoria, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda que sexan maiores de idade, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.
2. Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación co fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.
Alumnado de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.
a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2011, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
Certificado ou volante de convivencia.
Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2011:
Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.
3. A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.