viernes, 23 de noviembre de 2012

Saída casa da cultura de Vimianzo


O día 22 de novembro fomos á casa da cultura de Vimianzo e alí atopámonos cos nosos amigos e amigas dos colexios de Carantoña, Carnés e Xaviña.



Visitamos a biblioteca e os mestres e mestras contçaronnos contos: O de Riciños de Ouro, O do Pequeno Cociñeiro................
Tamén tivemos tempo para invertigar un pouco e mirar que contos tiñan ali, había moitos máis que no noso colexio!

Logo fomos ao auditorio a ver un concerto. Foi moi divertido e bailamos moito.Chamábase:  Canta música! Con Pablo Díaz. Era un Concerto-obradoiro de canto, música e xogos en lingua galega. Escoitamos música de todo tipo: muiñeiras, valses.... e moitos instrumentos: gaita, guitarra, acordeón, armónica...... 
Aqui tedes un video no que podedes ver que musica tan bonita escoitamos e o ben que o pasamos acompañando aos músicos:
Tamén aproveitamos para merendar e logo marchamos xa para a casa despois dun dia moi divertido


  .








jueves, 15 de noviembre de 2012

O MAGOSTO

Os nenos e nenas de Castromil, preparámonos para celebrar o magosto. Preparamos moitos xogos e regalos para os nenos e nenas de Carantoña, que virán a visitarnos e celebralo con nos.
Imos regalarlles un xogo chamado "Come-castañas" e unha preciosa diadema decorada con debuxos de castañas e follas do outono.





Eles tamén nos trouxeron un regalo, uns preciosos collares para cada un. Moitas gracias!!!!!!!!!!!!!

Logo, unha vez intercambiados os nosos regalos, contamos o conto de "A Castañeira", que asaba as castañas que atopaba no bosque, e que se chamaba María..............como a nosa castañeira, que nos asou castañas e tróuxonas ao cole, moitas gracias!, todos as comimos, estaban moi quentiñas e.riquísimas!!!!

Logo, saímos ao patio e divertímonos moito cos xogos, os que preparamos nos e tamén os que nos fixeron os nenos e nenas de Carantoña e a súa mestra.



Aqui temos uns contos sobre o magosto e as castañas cos que pasamos un bo ratoeste día:





Tamén uns poucos xogos para repasar o aprendido............ 




lunes, 12 de noviembre de 2012




O OUTONO

Chegou o outono, tamén ao noso colexio, e celebrámolo facendo a nosa árbore do outono e cantando unha canción para celebralo.



lunes, 5 de noviembre de 2012

2012-2013 COMEZA UN NOVO CURSO

Comezamos un novo curso, con  dúas amigas máis. Este ano contamos con total de nove nenos e nenas. Samuel, Julio, Nuria Castelo, Iria, Sabela, Antía, Zaira, Carolina e Nuria Camafreita van a pasalo moi ben no colexio e a aprender moitisimo.