jueves, 15 de noviembre de 2012

O MAGOSTO

Os nenos e nenas de Castromil, preparámonos para celebrar o magosto. Preparamos moitos xogos e regalos para os nenos e nenas de Carantoña, que virán a visitarnos e celebralo con nos.
Imos regalarlles un xogo chamado "Come-castañas" e unha preciosa diadema decorada con debuxos de castañas e follas do outono.





Eles tamén nos trouxeron un regalo, uns preciosos collares para cada un. Moitas gracias!!!!!!!!!!!!!

Logo, unha vez intercambiados os nosos regalos, contamos o conto de "A Castañeira", que asaba as castañas que atopaba no bosque, e que se chamaba María..............como a nosa castañeira, que nos asou castañas e tróuxonas ao cole, moitas gracias!, todos as comimos, estaban moi quentiñas e.riquísimas!!!!

Logo, saímos ao patio e divertímonos moito cos xogos, os que preparamos nos e tamén os que nos fixeron os nenos e nenas de Carantoña e a súa mestra.



Aqui temos uns contos sobre o magosto e as castañas cos que pasamos un bo ratoeste día:





Tamén uns poucos xogos para repasar o aprendido............ 




No hay comentarios:

Publicar un comentario