martes, 19 de marzo de 2013

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2013/2014


Información Xeral:

Unha vez publicada a  orde que o regula ábrese o proceso de admisión de alumnado para o curso 2013/2014 
Normativa que se aplica no procedemento de admisión : Orde do 12 de marzo de 2013 publicada no DOG de 15 de marzo de 2013.
Prazo de solicitudes de admisión: do 5 ao 17 de abril
Nota informativa: cada alumno so poderá presentar unha única solicitude que se presentará no centro que solicita en primeiro lugar. A infracción desta norma implicará a perda dos dereitos de prioridade que lle poidan corresponder.
Os alumnos que teñen garantía de permanencia n un centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberán comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
Os alumnos que ten reservada praza nun centro se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá de comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do  prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Publicación provisional de admitidos: até o 10 de maio.
Publicación definitiva de admitidos:  antes do 31 de maio.
Prazo de presentación de matrícula una vez admitidos: do 20 ao 30 de xuño



SOLICITUDE DE ADMISIÓN
(Para alumnos de nova matrícula)
PRAZO:         Do 5 ao 17 de abril
LUGAR E HORARIO PARA A RECOLLIDA E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN:             
Centro escolar.   De luns a venres de 9:30 a 14:30 horas.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA: 
  1. Impresos de solicitude .Nota: Neste centro non se prevé que haxa mías solicitantes ca prazas polo que só e necesario cumplimentar as dúas primeiras páxinas dos impresos de solicitude.
  2. Enquisa de relixión.
  3. Certificado médico (cóbrese polo médico de cabeceira ou o pediatra).
  4. Fotocopia do libro de familia.
  5. Dúas fotografías tamaño carné.
  6. Certificado de empadroamento no que aparezan tódolos membros da unidade familiar (pídese no Concello).
  7. Fotocopia da Tarxeta Sanitaria do neno feita polas dúas caras.
  8. Impreso de autorización de publicación de imaxes.
  9.  No caso de separación ou divorcio dos pais, sentenza xudicial na que figure o convenio regulador.
  10. Impreso de autorización de recollida dos nenos en horario escolar

No hay comentarios:

Publicar un comentario